Condicións xerais de utilización da Bolsa de emprego do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto:
1. Presentación da Bolsa de Emprego del CIFP Ánxel Casal - Montealto
A finalidade da Bolsa de Emprego do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto é a de proporcionar un lugar de encontro entre persoas usuarias, candidatos e candidatas e empresas, nunha contorna on-line. Permite ás empresas rexistradas o acceso á base de datos de persoas candidatas previamente rexistradas, a publicación de ofertas de emprego e a xestión da selección de persoas candidatas. Permite á candidata ou candidato a edición e xestión do seu Curriculum Vitae, así como acceder ás Ofertas de emprego publicadas.
A efectos desta Bolsa de Emprego, enténdese por persoas candidatas, as persoas físicas usuarias que se atopan estudando ou estudaron previamente no CIFP Ánxel Casal - Monte Alto e buscan emprego utilizando os servizos desta Bolsa accedendo para iso ao sitio web do que é titular o CIFP Ánxel Casal - Monte Alto. Así mesmo, enténdese por empresas as persoas físicas ou xurídicas que desenvolven legalmente unha actividade no tráfico mercantil e buscan cubrir os seus postos de traballo con persoas candidatas da Bolsa de Emprego do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto.
A utilización por parte das persoas usuarias de calquera dos Servizos do portal supón e expresa a súa adhesión e aceptación a todas as Condicións Xerais de uso, así como as Condicións Particulares que, no seu caso, sexan de aplicación.
O CIFP Ánxel Casal - Monte Alto resérvase o dereito a modificar sen previo aviso as presentes Condicións Xerais de Uso co obxecto de adecualas á lexislación vixente aplicable en cada momento, as novidades xurisprudenciais e as prácticas habituais. Así mesmo resérvase a posibilidade de modificar, sen previo aviso, o deseño, presentación e/ou configuración deste sitio web, así como algúns ou todos os servizos, e engadir servizos novos.
2. Responsabilidades, obrigacións e prohibicións
Responsabilidade do CIFP Ánxel Casal - Montealto
O CIFP Ánxel Casal - Monte Alto non se responsabiliza dos produtos ou servizos prestados ou ofertados polas persoas candidatas, empresas ou terceiros por medio dos seus servizos, tampouco por contido, información, comunicación, opinión ou manifestación de calquera tipo que teña a persoa candidata, empresa ou terceiros e que comuniquen, transmitan ou exhiban a través dos nosos servizos.
Servizos que se presta á persoa candidata:
Inscrición da persoa candidata de forma gratuíta na bolsa de emprego a través do proceso de alta de persoas candidatas.
Servizos e ferramentas para a xestión da procura de emprego a través da plataforma.
Servizo de alertas de emprego si o candidato selecciona previamente as áreas do seu interese.
Dereitos e obrigacións das partes
Tanto as persoas candidatas como as empresas usuarias da Bolsa de Emprego do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto comprométense a facer un uso lícito e dilixente do sitio web e dos servizos accesibles desde o mesmo, con total suxeición á normativa vixente, aos bos costumes e as presentes condicións legais e, no seu caso, condicións particulares.
Tanto as persoas candidatas como as empresas usuarias deben seleccionar o identificador (IDE ou login) e o contrasinal comprometéndose a conservalo e a usalo coa dilixencia debida. O uso do contrasinal é persoal e intransferible, non estando permitida a cesión, nin sequera temporal, a terceiros.
Toda a información que faciliten as persoas usuarias da Bolsa de Emprego do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto a través dos servizos deberá ser veraz e exacta. A estes efectos, garanten a autenticidade de todos os datos que comuniquen. Será a súa responsabilidade manter toda a información facilitada actualizada de forma que responda, en cada momento, á situación real. Tanto as persoas candidatas como as empresas usuarias obríganse a respectar as leis aplicables e os dereitos de terceiros ao utilizar os contidos e servizos do sitio web. Tampouco se poderá difundir, reproducir ou comunicar publicamente contidos do sitio web, de usuarios e usuarias ou terceiras persoas, sen a autorización previa do titular dos dereitos.
Absteranse de toda acción para prexudicar a funcionalidade da infraestrutura, de utilizar os materiais e informacións contidos con fins ilícitos e expresamente prohibidos nas presentes condicións, e no seu caso en condicións particulares, que resulten contrarios aos dereitos e intereses do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, os seus membros e/ou terceiros, e/ou que, de calquera modo, danen, inutilicen, sobrecarguen, deterioren ou impidan a normal utilización dos materiais e informacións contidos no sitio web, os sistemas de información ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, do persoal que presta os seus servizos no mesmo ou dun terceiro.
Está prohibido facilitar contidos:
Que sexan presuntamente ilícitos pola normativa nacional, comunitaria ou internacional ou que realicen actividades presuntamente ilícitas ou contraveñan os principios da boa fe.
Que atenten contra os dereitos fundamentais das persoas, falten á cortesía na rede, molesten ou poidan xerar opinións negativas nas persoas usuarias ou terceiros e non apropiados.
Que contraveñan os principios de legalidade, honradez, responsabilidade, protección da dignidade humana, menores, orde pública, a vida privada, das persoas consumidoras e os dereitos de propiedade intelectual e industrial.
Cando o usuario e usuarias, a persoa candidata ou empresa, deciden rexistrarse na Bolsa de Emprego do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto solicitaranse os datos estritamente necesarios para a consecución dos fins e finalidades aos que está destinado o sitio Web. Deberase completar un formulario inicial para facilitar datos de carácter persoal. Estes datos son os adecuados e pertinentes en relación co ámbito, as finalidades e servizos determinados, explícitos e lexítimos da Bolsa de Emprego do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto.
A finalidade da colleita e tratamento dos datos persoais son a Xestión das ofertas, Inserción de ofertas de emprego na bolsa de emprego, Recepción dos CV inscritos nas ofertas realizadas, Xestión do proceso de selección, e Servizo de comunicacións electrónicas.
Non se permite a publicación de ofertas de emprego de carácter piramidal.
3. Privacidade e Protección de Datos dos Candidatos.
Dacordo co establecido na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais, informámoslle que os seus Datos Persoais incluídos na nosa Base de Datos, e que nos foron facilitados no seu momento, forman parte dun ficheiro responsabilidade do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, e que se atopa rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos.
Estes Datos Persoais soamente serán utilizados para realizar unha Correcta Xestión dos Servizos do portal de Bolsa de Emprego do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto.
Se o desexan, poderán exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso, o de oposición, dirixíndose por escrito a CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, á dirección: Paseo Marítimo, 47. 15002 - A Coruña.
Información sobre Cookies
As cookies son pequenos arquivos de texto xerados polas páxinas web que se visitan, con datos de sesión que poden ser de utilidade máis adiante na páxina web. Os datos permiten que a páxina web poida manter a súa información entre as páxinas, e tamén para analizar a forma de interactuar co sitio.Poden ser utilizadas: Cookies de sesión (cookies temporais que permanecen no arquivo de cookies do navegador até que se abandona a páxina web, polo que ningunha queda rexistrada no disco duro do usuario), cookies permanentes (almacenadas no disco duro e a páxina web leas cada vez que se realiza unha nova visita). Malia o seu nome, unha web permanente posúe unha data de expiración determinada. A cookie deixará de funcionar logo desa data. Outras cookies posibles serían as de terceiros (como as usadas por redes sociais, ou por complementos externos de contido) ou as analíticas (con propósitos de mantemento periódico e, en aras de garantir o mellor servizo posible ás usuarias e usuarios, para recompilar datos estatísticos da actividade).
Medidas de seguridade
Ponse en coñecemento que se adoptaron as medidas de índole técnica e organizativas regulamentariamente establecidas, que garanten a seguridade dos datos de carácter persoal e evitan a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que estean expostos, todo iso de conformidade co establecido na Lei Orgánica 3/2018.4. Comunicacións:
A aceptación das Condicións Xerais e Política de Protección de Datos da Bolsa de Emprego, implica a túa autorización expresa en favor de CIFP Ánxel Casal - Monte Alto para o envío das comunicacións electrónica relacionadas co sector da formación e o emprego ao domicilio, teléfono móbil e/ou dirección de correo electrónico. Dita autorización comprende o envío de información sobre as actividades e servizos como: Alertas de emprego, cursos de formación, newsletter.
Non obstante o anterior, a persoa candidata pode excluírse deste servizo seguindo as instrucións que se indican no pé do corpo dos correos electrónicos ou enviando directamente un email, indicando no asunto "Baixa comunicacións electrónicas".
5. Consentimento da persoa Candidata para o tratamento e cesión dos datos persoais.
Ao encher o formulario e facer clic para enviar os datos, o Candidato manifesta ter lido e aceptada expresamente a presente Política de Protección de Datos e outorga o seu consentimento inequívoco e expreso ao tratamento dos seus datos persoais conforme ás finalidades informadas e servizos que presta a Bolsa de Emprego de CIFP Ánxel Casal - Monte Alto así como a cesión dos seus datos persoais a empresas usuarias e/ou terceiros para o cumprimento do servizo.
Igualmente, os usuarios e usuarias, as persoas candidatas e empresas, autorizan expresamente ao CIFP Ánxel Casal - Monte Alto a acceder aos seus datos persoais e curriculares a fin e efecto de poder informarlles de ofertas de traballo concretas e idóneas ao seu perfil profesional.
6. Dereito de acceso, rectificación, oposición, cancelación e revogación do consentimento outorgado e veracidade e actualización dos datos.
A persoa candidata e a empresa poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como a darse de baixa dos servizos da Bolsa de Emprego. Igualmente, pódese, en calquera momento, revogar o consentimento outorgado para o tratamento dos seus datos, sen que poidan atribuírse a esta revogación efectos retroactivos.
O exercicio dos seus dereitos, así como calquera disposición sobre os seus datos de carácter persoal poderá realizarse polo seu titular, en forma inequívoca e fidedigna.
CLÁUSULA XURÍDICA INFORMACIÓN
A efectos do disposto na Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais informamos ás persoas interesadas de que os seus datos persoais van ser incorporados a un ficheiro do que é responsable CIFP Ánxel Casal - Monte Alto coa finalidade de xestionar a súa solicitude de información, así como de darlle información dos servizos do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (cursos, charlas e seminarios, principalmente), que puidesen ser do seu interese. O interesado autoriza o envío de comunicacións relacionadas coas finalidades anteriores por medios convencionais e/ou electrónicos (incluído correo electrónico e teléfono móbil); no entanto, se non desexa recibir comunicacións deberá indicalo.
No entanto, recordámoslle que dispón dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos que poderá exercer como se indicou anteriormente.