FAMILIA SANIDADE

CM EMERXENCIAS SANITARIAS

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio.
Horas: 2000
Código: MSAN01
Título: Técnico en emerxencias sanitarias.

OFERTA FORMATIVA

Réxime adultos presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (de 16:00 a 22:30)
Réxime adultos semi-presencial ou a distancia: Cursando módulos seleccionados polo alumnado a distancia. Titorías e exames en horario de tarde (De 16:00 a 22:30h)

Que se aprende a facer?

Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario público ou privado relacionado co traslado de pacientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e no desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsible do ámbito da protección civil.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a en transporte sanitario, técnico/a de emerxencias sanitarias, operador/a de teleasistencia, operador/a de centros de coordinación de urxencias e emerxencias.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas
Anatomofisioloxía e patoloxía básicas107
Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia53
Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia266
Dotación sanitaria
Sección bilingüe (Inglés)
107
Formación e orientación laboral107

Loxística sanitaria en emerxencias

160

Mantemento mecánico preventivo do vehículo80
Teleemerxencias80
Módulos de 2º curso
Horas
Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia227
Empresa e iniciativa emprendedora53
Evacuación e traslado de pacientes245
Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles105
Formación en centros de traballo410