INICIAR SESIÓN

Familia: Sanidade

Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SSAN06

Oferta en réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)

 

Que se aprende a facer?

Procesar mostras histolóxicas e citolóxicas, seleccionar e facer a aproximación diagnóstica de citoloxías xinecolóxicas e xerais, e colaborar na realización de necropsias clínicas e forenses, de maneira que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico-legal, organizando e programando o traballo, e cumprindo criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión facultativa correspondente.

 

Onde se realiza o traballo?

No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros de investigación. Ademais, realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente.

 

En que postos de traballo?

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía. Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía. Citotécnico. Axudante de forense. Prosector/ora de autopsias clínicas e médico-legais. Tanatopractor/a. Colaborador/ora e asistente en bioloxía molecular. Colaborador/ora e asistente de investigación.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Bioloxía molecular e citoxenética 187
Citoloxía xeral 157
Citoloxía xinecolóxica 157
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Fisiopatoloxía xeral 213
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Necropsias 70
Procesamento citolóxico e tisular 193
Proxecto de anatomía patolóxica e citodiagnóstico 26
Técnicas xerais de laboratorio 240
Xestión de mostras biolóxicas 213

 

 

Que título se obtén?

Técnico superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico