INICIAR SESIÓN

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SSAN01
 
Oferta en réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h
Oferta en réxime de adultos, modalidade modular: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (de 16:00 a 22:30)
 
 

Que se aprende a facer?
Seleccionar e adaptar próteses auditivas realizando a avaliación audiolóxica, o seguimento da persoa usuaria e o mantemento de próteses, así como determinar medidas de protección acústica a partir da avaliación dos niveis sonoros.

 

Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público e privado, en empresas privadas do sector, en gabinetes audioprotésicos e en prevención de efectos de ruído ambiental.

 

En que postos de traballo?
Técnico/a superior en audioprótese. Técnico/a especialista audioprotesista. Técnico/a en elaboración de moldes e protectores auditivos. Técnico/a en medición de nivel sonoro. Audiometrista.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Acústica e elementos de protección sonora 187
Atención á persoa hipoacúsica 107
Audición e comunicación verbal 53
Características anatomosensoriais auditivas 292
Elaboración de moldes e protectores auditivos 262
Elección e adaptación de próteses auditivas 262
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Proxecto de audioloxía protésica 26
Tecnoloxía electrónica en audioprótese 267

 

Que título se obtén?
Técnico superior en audioloxía protésica.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.