INICIAR SESIÓN

DINAMIZACIÓN

edlg

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto ao longo deste curso tentará promover vieiros a prol do coñecemento, a valoración, o uso e o goce da lingua galega, favorecendo sempre a participación de toda a comunidade educativa.

 

Constrúe o todo

O equipo de dinamización da lingua organizou a actividade CONSTRÚE O TODO, entre o luns 5 de novembro e o venres 9 de novembro de 2018.

Nunha semana especial, tiñamos que atopar no noso espazo do  CIFP Ánxel Casal-Monte Alto a parte dun todo.
Había que construír  “o todo” uníndose a outro compañeiro ou compañeira do centro  (persoal docente ou non docente).
O “todo” estaba formado por 2 partes de cores diferentes.

Una vez atopado, tiñamos que achegarnos a entregalo á biblioteca do CIFP Ánxel  Casal-Monte Alto, e participamos no sorteo dun AGASALLO!!!:

2 entradas (por persoa) para o teatro.

Moitas grazas por participar!!

Learning your As2 001

VII Festival de Arte pola Igualdade

O día 10 de maio celebrouse no Teatro Colón o VII Festival de Arte pola Igualdade. Neste acto, ademais de lembrar a figura da autora homenaxeada este ano polo Día das Letras -María Vitoria Moreno Márquez-, quérese dar a coñecer o traballo de integración que se desenvolve nos centros educativos participantes e demostrar que a discapacidade física e/ou psíquica non é un impedimento para desenvolver o potencial creativo e a sensibilidade artística. Un bo número de alumnos e alumnas da CEE Nosa Señora do Rosario, do CEIP Eusebio da Guarda e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña representaron unha obra teatral e interpretaron distintas pezas musicais.

Por parte do noso centro estiveron presentes alumnas do Ciclo Superior de Mediación Comunicativa:

  • Gisela Loyola Menéndez
  • Shaila Alonso Álvarez

IMG 20180511 WA0009

 Exposición sobre María Victoria Moreno Márquez

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizouse unha exposición sobre María Victoria Moreno Márquez, escritora e profesora á que se lle dedican este ano as Letras Galegas.

A exposición pode visitarse no corredor das palabras salvadas do centro. 

Consiste en varios carteis sobre a vida e obra da autora.

 

Cartel da exposición

Imaxes da exposición