INICIAR SESIÓN

Familia:Sanidade
Sistema educativo:LOE
Grao:Superior
Horas:2000
Código:SSAN08

Oferta formativa:
 
Modalidade modular: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)
 

Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.

 

Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación.
Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso.
A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

 

En que postos de traballo?
Técnico/a superior en documentación sanitaria. Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria. Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas. Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario. Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria. Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria. Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos. Responsable de administración de unidades,  departamento ou centros sanitarios. Asistente de equipos de investigación biomédica. Secretario/a de servizos sanitarios.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Arquivamento e documentación sanitarios 133
Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias 107
Codificación sanitaria 191
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Extracción de diagnósticos e procedementos 160
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Ofimática e proceso da información 240
Proxecto de documentación e administración sanitarias 26
Sistemas de información e clasificación sanitarios 87
Terminoloxía clínica e patoloxía 213
Validación e explotación de datos 123
Xestión administrativa sanitaria 123
Xestión de pacientes 53

 

Que título se obtén?
Técnico superior en Documentación e Administración Sanitarias.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera estudo universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.