INICIAR SESIÓN

Familia:Sanidade
Sistema educativo:LOE
Grao:Superior
Horas:2000
Código:SSAN07
Oferta en réxime ordinario: Todos os módulo se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)


 

Que se aprende a facer?
Obter rexistros gráficos, morfolóxicos ou funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial

 

Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico-forenses ou de medicina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da médico/a especialista correspondente e do/da supervisor/a da instalación, coa correspondente acreditación como operador/a de instalacións radioactivas outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).

 

En que postos de traballo?
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico. Técnico/a especialista en radiodiagnóstico. Técnico/a especialista en medicina nuclear. Persoal técnico en equipamentos de radioelectroloxía médica. Persoal técnico en protección radiolóxica. Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación. Delegado/a comercial de produtos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Atención ao paciente 160
Fundamentos físicos e equipamentos 267
Anatomía pola imaxe 266
Protección radiolóxica 160
Técnicas de radioloxía simple 122
Técnicas de radioloxía especial 70
Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía 105
Técnicas de imaxe por resonancia magnética 105
Técnicas de imaxe en medicina nuclear 105
Técnicas de radiofarmacia 70
Proxecto de imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear 26
Formación e orientación laboral 107
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 384

 

Que título se obtén?
Técnico superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear