INICIAR SESIÓN

Familia:Sanidade
Sistema educativo:LOE
Grao:Superior
Horas:2000
Código:SSAN07
Oferta en réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de tarde (De 16:00h a 20:30h)

 

Que se aprende a facer?
Aplicar tratamentos con radiacións ionizantes baixo prescrición médica, utilizar equipamentos provistos de fontes encapsuladas ou produtores de radiacións, aplicando as normas de radioprotección xerais e específicas, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, así como realizar procedementos de protección radiolóxica hospitalaria, seguindo normas de garantía de calidade e os protocolos establecidos na unidade asistencial.

 

Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en unidades de oncoloxía radioterápica, en unidades ou servizos de radiofísica hospitalaria, en unidades técnicas de protección radiolóxica e en centros de investigación.
Realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente e o/a supervisor/ora da instalación, coa conseguinte acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgada polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sa-nitaria estatal.

 

En que postos de traballo?
Técnico/a superior en radioterapia. Técnico/a especialista en radioterapia. Persoal auxiliar dos servizos de protección radiolóxica. Delegado/a comercial de equipamentos de radioelectroloxía médica.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Anatomía pola imaxe 266
Atención ao/á paciente 160
Dosimetría física e clínica 140
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Fundamentos físicos e equipamentos 267
Protección radiolóxica 160
Proxecto de radioterapia e dosimetría 26
Simulación do tratamento 105
Tratamentos con braquiterapia 123
Tratamentos con teleterapia 209

 

Que título se obtén?
Técnico superior en radioterapia e dosimetría