INICIAR SESIÓN

DOAZÓN DO CS DE MEDIACIÓN Á ONCE

O pasado día 18 de xaneiro de 2019, o alumnado do Ciclo Superior de Mediación Comunicativa doou á ONCE e á FOAPS os traballos elaborados por eles mesmos no desenvolvemento da súa formación.

Estes traballos serán empregados polos mediadores contratados por devanditas entidades para levar a cabo as súas intervencións profesionais cos seus usuarios.

O equipo docente do Ciclo de Mediación Comunicativa agradece ó seu alumnado a súa xenerosidade e felicítao polo seu bo traballo.

IMG 2372